
Listaxe de verificación
- Para os profesionais de recursos humanos o tempo é breve e precioso. Nas grandes compañías o procesamento das solicitudes de emprego adoita durar menos dun minuto. É por iso que un deseño limpo e claro é adquire maior importancia. A non ser que a empresa destinataria requira outra cousa diferente, será unha boa decisión acudir cun currículo cronolóxico que podes deseñar e editar en Cvlogin. Entre os moitos deseños existentes de certo que has de atopar o modelo que se adapta a ti.
- Aforra tempo: se tes o teu currículo en MS Word ou PDF, ou contas con máis información da túa traxectoria profesional no LinkedIn, podes importar eses datos facilmente. Simplemente necesitas premer en "Importar currículo" (menú superior esquerdo).
- Pon o teu propio nome como título do currículo. Os sintagmas "Currículo" ou "Curriculum vitae" xa non se levan.
- Configura o teu currículo! A estrutura deber ser así: información persoal, traxectoria académica, carreira profesional, coñecementos e habilidades, diplomas e cartas de recomendación. Se tes unha vida profesional xa moi extensa, podes presentala con anterioridade á traxectoria académica.
- As regras da carta de presentación son válidas para o currículo: o bo se é breve, dous veces bo! Probablemente dúas páxinas se poida considerar o mínimo, mentre que tres ou catro páxinas só son comprensibles se a experiencia profesional que se acredita se corresponde a moitos anos.
- Non cres transicións innecesarias no teu currículo. Por exemplo, se o currículo ten tres páxinas mais a terceira unicamente conta con catro liñas, modifica o espazamento entre parágrafos ou a fonte do texto para facelo cadrar en dúas páxinas soamente.
- Á hora de achegar a túa formación académica e traxectoria profesional comeza sempre por aquilo máis actual. Cos estudos abonda con mencionar os anos, mais á hora de listar as túas experiencias profesionais debes especificar tamén os meses. Se tes moitos anos de traxectoria profesional, pode que non teña sentido incluír a mención aos estudos primarios ou secundarios. En todo caso, da túa carreira profesional menciona o nome da empresa e enderezo, o posto concreto desempeñado e unha breve descrición sobre as tarefas realizadas.
- Se realista á hora de especificar o teu nivel de idiomas estranxeiros e coñecementos informáticos. Se, por exemplo, indicas que tes un nivel fluído en inglés e non pasas do "How are you?" isto pode afectarche de xeito moi negativo na entrevista. O mesmo cabe dicir para os coñecementos de informática.
. - Os erros tipográficos e gramaticais poden botar abaixo a túa solicitude. Imprime os teus documentos e leos en papel. Pode ser que conteñan erros que non percibiches en pantalla. Tamén é de axuda que llelos deas a ler a amizades ou parentes. Non só porque cantos máis ollos mellor, senón porque un mesmo adoita percibir con máis facilidade os erros propios. Os xornalistas denomínano "cegueira vocacional".
- Asegúrate de que toda a información é correcta, compróbaa unha vez máis! Revisa os datos dos teus estudos e a túa experiencia profesional.
- Aquela documentación que adicionalmente achegues escaneada ao currículo debe ser cunha resolución de alta calidade. Se non dispós de escáner propio, acude a un establecemento de reprografía que dispoña del. Podes atopar máis consellos sobre escaneamento de documentación na páxina O currículo como parte da solicitude de emprego.