Un currículo exitoso é aquel que dea a oportunidade de ser chamado/a para unha entrevista de traballo. Neste sentido, o CV é crucial porque se considera o documento máis importante dunha solicitude de emprego. Hai que pensar que lle debe proporcionar ao empregador o perfil da persoa solicitante con información sobre a súa carreira ata a data. As persoas responsables de recursos humanos nas empresas len antes os currículos que as cartas de presentación para así teren unha primeira e rápida impresión. Saber presentarse a un mesmo no currículo, clasificar as habilidades que se posúen de forma clara e ordenada son detalles de suma importancia nun currículo cronolóxico.
Hai dous tipos de CV: un cronolóxico e outro detallado. Porén, este segundo desapareceu por razóns xustificadas: os xerentes de recursos humanos non están dispostos a perder tempo léndoos. O que si queren é recibir información sobre os estudos cursados, as universidades de orixe, a experiencia profesional ou as habilidades. É por iso que un currículo cronolóxico coas súas diferentes seccións perfectamente editadas é a escolla perfecta.
Aforra tempo e evita nervios innecesarios
Podes atopar deseños de currículos dispostos e preparados con precisión para a túa solicitude de emprego. Todas as mostras de CV teñen deseños modernos e seccións claras, liñas en branco equilibradas e fontes e tamaños axeitados.
Alén diso, a opción que permite importar fai as cousas aínda máis sinxelas para o usuario. Podes crear moi facilmente un novo currículo en Cvlogin. Ora ben, se xa tes no teu equipo un currículo anterior en formato Word ou PDF, ou se hai algunha información sobre a túa carreira no LinkedIn, poderás importala facilmente ao teu novo currículo. Só terás que premer en "Importar currículo" (parte superior esquerda da pantalla).
Unha vez feito, podes subir o boletín de cualificacións ou referencias académicas ou laborais, xunto con calquera outra documentación que consideres pertinente. A seguir, o único que cómpre facer é gardar o currículo no teu equipo ou no noso sitio en liña. Só quedará aprender a unir o currículo coa solicitude de emprego para que forme parte dela.
Deseño do currículo
Poñemos ao dispor moitos deseños para o documento máis importante da solicitude de emprego. Podes elixir entre diferentes modelos na opción "Cambiar deseño". Pensa que o deseño debe resultar acaído para o ámbito laboral en que te movas. Así, se estás a buscar traballo no ámbito das finanzas, da banca ou do dereito, o recomendable é que o deseño sexa o menos rechamante posible. Para profesións máis creativas ou empresas máis "modernas" poden resultar efectivos modelos como "Oswald" ou "Beleved". Adapta, en definitiva, o deseño do teu currículo ao seu contido. Ten en conta tamén que mentres uns deseños son mellores para currículos extensos, outros adáptanse mellor a currículos máis breves.
Lonxitude do currículo
Regra que prevalece nos CV: concisión, pero información completa. Por tanto, os xerentes de recursos humanos van querer saber moitas cousas de ti en pouco tempo. Se tes experiencia profesional en numerosos niveis e postos, e durante moitos anos, o teu currículo pode ser de máis de dúas páxinas.
Cabeceira do currículo e sinatura
O teu currículo debe comezar co teu nome. Por tanto, sitúao na cabeceira. Moita xente prefire inicialo coa letras "CV", mais isto xa non se leva. Do mesmo xeito, para moitos responsables de recursos humanos a sinatura ao final do currículo é cousa do pasado. Antes considerábase un xeito de dotar o currículo de veracidade, mais hoxe esta é unha práctica máis propia de empresas conservadoras.
Seccións e contidos
Podes aprender máis sobre o que debe conter o teu currículo e como configuralo do xeito máis apropiado en " Seccións e contidos".